O alumnado de 3º e 4º de Primaria participaron na actividade “Con mucho gusto”, unhas charlas sobre educación sexual creada para ofrecer información clara, próxima e libre de prexuízos. A través dun enfoque aberto, respectuoso e participativo, o encontro buscou promover unha vivencia da sexualidade baseada no coñecemento, no coidado, no consentimento e no benestar emocional.
Durante a sesión tratáronse temas como as relacións afectivas, a comunicación, a diversidade, os límites persoais, os mitos arredor da sexualidade e a importancia dunha educación sexual integral en todas as etapas da vida.
As charlas foron moi interesantes!

























