Mostrando entradas con la etiqueta 3º de Primaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º de Primaria. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de junio de 2021

Unha gran lectora

     Traballamos moito e gústanos moito ler! Sabemos que a lectura axuda a madurar, a imaxinar, a gozar , a medrar ... E,  este curso o/a  alumno/a máis lector/a do centro é do grupo de terceiro!

   

 Noraboa Xonxa e que sigas con este bo costume! 

viernes, 26 de marzo de 2021

Ao solciño cos afillados

     Esta semana tivemos unha xuntanza cos nosos afillados lectores. Que emoción! Estivemos no patio de cole ao solciño e aproveitamos para entregarlles uns agasallos feitos por nós e algún contiño ou poema creado para estes  afillados especiais.

     Desexamos volver a xuntarnos á volta das vacacións para realizar máis actividades.



Premer na imaxe para visualizar a montaxe!


sábado, 20 de febrero de 2021

Experimentos coa auga

    Seguimos a experimentar coa auga, os cambios de estado e as distintas densidades que amosa a auga doce e a auga salgada.

    Esta semana comprobamos que dependendo da superficie onde poñamos o  xeo a fusión será máis lenta ou máis rápida. O xeo que estaba sobre madeira tardou máis tempo en derreter que o que estaba sobre os moldes de aluminio.

     Tamén comprobamos que a auga doce, tinguida previamente, flota sobre a auga salgada. 


Premer na imaxe para visualizar o experimento coa auga doce e a auga salgada.


Premer na imaxe para visualizar a fusión do xeo sobre distintos materiais.