Mostrando entradas con la etiqueta Festival Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festival Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de mayo de 2026

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

     Con motivo da celebración das Día das Letras Galegas 2026, esta mañá o noso alumnado participou con ilusión nun gran espectáculo para homenaxear a lingua e a cultura galegas. A través do teatro, a música e da expresión artística, quixeron render tributo a esta data tan especial e a nosa homenaxeada Begoña Caamaño Rascado, e compartir coas familias o traballo realizado.

    A seguir, podedes ver os vídeos das distintas actuacións, reflexo do esforzo, da creatividade e do entusiasmo dos nosos nenos e nenas nesta celebración.

Premer na imaxe para visualizar o evento!


martes, 20 de mayo de 2025

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

     O venres, 16 de maio, celebramos no cole o Festival das Letras Galegas. Este ano dedicado "As Cantareiras e a Poesía Popular Oral"

    Todos os grupos participamos realizando unha escenificación, cantando, bailando e vivindo dun xeito especial un día tan importante para a nosa Lingua.


Programación do Festival. Preme na imaxe para visualizar as actuacións!



viernes, 17 de mayo de 2024

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

     Un ano máis celebramos o Festival das Letras Galegas onde o alumnado do centro baila, canta, escenifica, presenta ... Unhas actuacións para lembrar este día tan especial para as galegas e os galegos.

    Tamén nos sentimos moi ben ao saber que as familias están invitadas e serán as testemuñas das nosas creacións.

    O alumnado de 3º de Primaria realizamos unha posta en escena da canción "Tataravoa" de Fillas de Cassandra e o alumnado de 4º de Primaria escenificamos unha obriña teatral, creación propia, sobre a vida da autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta Gómez.

Premer na imaxe para visualizar as actuacións!

Grazas a tod@s por participar no Certame Literario "A Xoaniña" e noraboa aos agasallad@s: 
"O Verán da xoaniña", 3º curso, Asier, Aitana, Carlota e Miguel.
"A muller e o gato", 4º curso, Alicia e Lidia.

Premer na imaxe para visualizar a entrega de premios!






domingo, 15 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

      As Letras Galegas deste ano están dedicadas ao escritor ourensán Florencio Delgado Gurriarán, destacado activista cultural en defensa do idioma galego e membro da Real Academia Galega. 

    O 13 de maio celebramos o Festival das Letras Galegas no colexio coas diferentes actuacións de todos os cursos, festival que organiza o equipo de Dinamización da Lingua Galega. Para o ano que vén seguro que xa poderemos contar con máis público!!!


Premer na imaxe para visualizar a montaxe!


Premer na imaxe para visualizar as actuacións!




jueves, 20 de mayo de 2021

Festival Letras Galegas

        "Se chove, deixa chover"  4º Primaria

Preme na imaxe para visualizar esta espectacular actuación!

"Aí vén o maio"  3º Primaria

Premer na imaxe para gozar da actuación!