martes, 1 de junio de 2021

EXPOSICIÓN DE PINTURA

    Que gran privilexio ter invitación para visitar a Exposición de pintura realizada polo alumnado do 3º ciclo.

    Primeiro tivemos que descifrar a mensaxe que nos enviaron nunha carta. A seguir, preparamos os cartiños, xa que a entrada custaba 1,99 €, e con moita ilusión iniciamos a visita.

    Os alumn@s de 5º P  organizaron moi ben a actividade: vender as entradas, aplicar o xel hidroalcólico, dar instrucións para a visita e informar en todo momento sobre as creacións e as dúbidas que foron xurdindo. Prepararon uns retos sobre a temática das obras e os seus títulos.

Premer na imaxe para visualizar a montaxe!


Moitas grazas pola invitación! Sodes uns artistas!