Unha boa forma de traballar a orientación, a cooperación e as matemáticas... Unha busca dun tesouro polo colexio!
Á segunda foi a vencida (porque nos costou un chisquiño entender que había que colaborar e non competir), pero hoxe, por fin, conseguimos atopalo :)
Formamos tres equipos e cada un deles recibiu un plano do colexio cos cuadrantes marcados para orientarse e unha folla coas instrucción para atopar e anotar as pistas.
Ademais, para obter a clave que abría a maleta... tivemos que dividir!
| Foi interesante ver como se manexaban co plano... |
Había pistas por todo o colexio: nas porterías, nas árbores, nalgunha ventá, no invernadoiro, no parque de Infantil... Atopámolas todas e conseguemos abrir a maleta que contiña o dulce tesouro!
| Cantas chuches para compartir! |
Aquí vos deixamos algúns dos momentos desta busca que nos gustou a todos!
me gusto mucho la busqueda del tesoro
ResponderEliminariker