Estes días estivemos preparando na clase unha reacción química para simular unha erupción volcánica.
Primeiro preparamos unhas maquetas con cartón, un vaso, plastilina, témpera e papel. Quedáron espetaculares!
Despois preparamos vinagre, bicarbonato e colorante de cociña (tamén se pode utilizar pimentón) e comezamos.
- Botamos dúas cucharadas de bicarbonato no vaso.
- Mexturamos o vinagre con colorante (cinco gotiñas).
- Botamos a mestura no vaso e.... Bummm!
Isto sucede porque químicamente, o vinagre é un ácido e o bicarbonato unha base. Ao xuntarse, a Reacción ácido-base produce un gas, o CO2, que sae en forma de burbullas.
Aquí tedes a nosa experiencia.
Os de terceiro somos a caña!
ResponderEliminarIria e Xiana