Mostrando entradas con la etiqueta Tesouriños doutros tempos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tesouriños doutros tempos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de mayo de 2018

TESOURIÑOS DOUTROS TEMPOS

     
       Estamos a rematar as tarefas da Mochila Viaxeira deste curso e temos que engadir os traballos que faltan. Nesta ocasión trátase dunha actividade moi antiga que permitía modelar pezas de arxila para usos diversos. A alfarería consiste en elaborar obxectos a partir dunha mestura de auga e materiais arxilosos.

"Aquí podemos observar un obradoiro de olaría"

       Outra das aportacións fai referencia ao Imperio Romano, que chegou a Península Ibérica despois doutros poboadores como Iberos, Celtas ...  

"Imaxes de construcións romanas"

Grazas familias por colaborar nestas tarefas!



miércoles, 4 de abril de 2018

TESOURIÑOS DOUTROS TEMPOS

   
       As familias seguen a traballar e fan achegas moi interesantes con imaxes e pequenos relatos que expoñemos na aula.

       Hoxe falamos do "TRAXE REXIONAL GALEGO".  Vestimenta que o pobo galego usaba para realizar distintas actividades. Había traxes de faena para ir traballar e traxes de gala par ir á festa.

       Na realización empregábase o liño, a la ou a seda. Esta última empregábase tamén para facer finas medias.

"Traxe de faena e traxe de gala"

"Partes do traxe rexional galego"



Agora imos falar das pinturas rupestres da "Cova de Altamira".

                             Declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1985.



A seguir atopamos, nas pegadas do tempo, unha gran civilización.

  "O ANTIGO EXIPTO"

"As pirámides de Exipto e o Nilo"
"A esfinxe de Gizeh e tipos de escritura"

Moitas grazas familias polos vosos traballos!



jueves, 1 de marzo de 2018

TESOURIÑOS DOUTROS TEMPOS


   As familias seguen a traballar e fan a súa achega con relatos e imaxes moi interesantes. Nesta ocasión falando do ferrocarril e da súa evolución.
 
 
"Imaxes que amosan a evolución do ferrocarril."
 
 

 
      Outra das aportacións é a explicación da teoría do" Big Bang " que nos fala  da formación do Universo a partir  dunha gran explosión. Que interesante!
 
 
"A formación do Universo"
 
Moitas grazas familias polas vosas aportacións!
 


miércoles, 31 de enero de 2018

TESOURIÑOS DOUTROS TEMPOS


      Seguimos a traer á aula traballos e experiencias realizadas coa familia. Achegas que amosamos aos compañeiros e falamos da súa elaboración.
     Nesta ocasión podemos ver as partes dun cruceiro.

Cruceiro de pedra
Partes dun cruceiro

Grazas familias pola vosa colaboración!




lunes, 15 de enero de 2018

CASTELO DE MONTERREAL


     O castelo é unha fortaleza do século XII, ubicada na localidade de Baiona, a súa construción rematou no século XVI.

     Dende o ano 1966 alberga un Parador Nacional, o Parador do Conde de Gondomar.


Imaxes da fortaleza

Parador do Conde de Gondomar

Grazas familias por estas achegas!

lunes, 18 de diciembre de 2017

AS NOSAS CABANAS

   
      Estas construcións, que agora están en desuso, servían dende fai moitos séculos para gardar as espigas de millo e outros cereais do ataque de roedores e da humidade.

       A cabana dos avós de Lucía ten uns 150 anos. Xa era dos tataravós! Este tesouriño da familia é de pedra, con tellado do país. Está decorada cunha cruz e un pináculo, elementos arquitectónicos que se sutúan nos vértices do tellado.

      Esta xoia de familia, igual que outras, é testemuña do pasado, das vidas e historias da xente que viviu noutro tempo.


      Convén conservar estes bens patrimoniais e culturais que forman parte da nosa historia.

Grazas familias polo traballo realizado! Unha aperta!


domingo, 10 de diciembre de 2017

A CIVILIZACIÓN INCA

     Nesta ocasión as familias aportan información sobre unha das grandes civilizacións precolombinas. E, amosan imaxes do relevo de montaña, características das construcións, fauna da zona e outras marabillas.


"Civilización Inca"

"Machu Pichu, antigo poboamento andino"

Grazas familias pola vosa achega!

viernes, 3 de noviembre de 2017

PAZO DO CONDE DE GONDOMAR


Esta vez as familias buscaron información sobre o Pazo do Conde de Gondomar.
Fortificación de orixe medieval situada ao Sur da Vila de Gondomar. Está declarada Ben de Interese Cultural.

Unha das portas da muralla

 
Imaxe de Don Diego Sarmiento de Acuña
 
                                       Grazas familias pola vosa colaboración! Unha aperta!