viernes, 16 de marzo de 2018

PRENSA E MULLER

Logo de varias sesións de traballo para analizar diferentes xornais, listar as seccións comúns, coñecer as partes dunha nova, buscar información sobre mulleres... Escribimos as nosas propias novas!


Cada grupo elixiu unha sección e unha muller que destacou nese campo (científicas, deportistas, actrices, pintoras...) e púxose mans á obra. 

O obxectivo desta tarfea é escribir un xornal colectivo, no que todos os cursos aportemos distintas novas. Que emocionante!




Atopamos toda a información que precisabamos no recuncho da planta baixa, no que había fondos sobre "Mulleres bravas da historia". A verdade é que hai unha chea de libros moi interesantes que dan a coñecer a estas valerosas mulleres.


Unha vez tiñamos todos os datos, escribimos as nosas novas (en papel e en formato dixital) e as levamos aos redactores xefes, os alumnos de 5º e 6º, que están maquetando o xornal.



Ademais, pegamos e clasificamos as nosas novas (segundo a CDU da nosa biblioteca) no taboleiro da planta baixa para que todos podades botalas un vistazo!




Estamos moi orgullosos do noso traballo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario