martes, 16 de enero de 2018

UN PASEO POLA PREHISTORIA

Onte e hoxe tivemos unha actividade moi interesante no cole que nos axudou a coñecer como vivían na Prehistoria. Grazas á colaboración da ANPA, do cole e das familias puidemos gozar desta proposta de Planetario Sierra Norte.

Primeiro, Bienvenido falounos das diferencias entre o Paleolítico, o Neolítico e a Idade dos Metais a través dunha presentación e de moitas pezas arqueolóxicas da época (algunhas eran réplicas e outras eran reais).

Este é Bienvenido falando das pinturas rupestres.

Mar tecendo como o facían na Prehistoria.

Aprendemos cómo vivían, de qué se alimentaban, como facían as súas vestiduras, que ferramentas utilizaban... e as diferencias entre unhas épocas e outras. Tamén puidemos ver cráneos que amosan a evolución do home.

Réplica de la Venus de Willendorf, deusa da fertilidade.

Cráneos replicados das distintas etapas da evolución do home.


Ao día seguinte, da man de Isabel, entramos nunha cova Prehistórica chea de pinturas das distintas épocas. 

Explicounos como iluminaban a cova, como preparaban a pintura con minerais machucados e que tipo de debuxos facían en cada unha das épocas... Que distintas son as pinturas do Paleolítico e do Neolítico! A profe pediunos que nos fixáramos ben... Por que será?

O lume era un elemento fundamental naquela época.

Bisontes do Paleolítico. Atraían a sorte na caza.

As pinturas Neolíticas eran máis esquemáticas. Aquñi un plan de caza.

Moi atentos ás expliacacións... Todo era moi interesante!

Algunhas pinturas aínda non se sabe que representan...

Quedamos abraiados na cova... e conxelados tamén!

A verdade que é unha sorte poder aprender dun xeito tan divertido... Sehuro que a seguinte etapa da Historia tamén nos depara algunha sorpresa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario