miércoles, 5 de octubre de 2016

MONTANDO UN PEQUENO ROBOT

As clases son do máis divertido! Os venres, na hora de robótica, estamos a montar por equipos un Escornabot, é dicir, un pequeno robot programable co que imos traballar ao longo do curso.

Parece doado, pero temos que pensar moito como colocar cada peza e superar os problemas que surden durante a montaxe... sen discutir!

Levamos xa tres sesión e imos moi avanzados: fixemos o inventario de pezas, numerámolas para facilitar a montaxe, comezamos a ensamblar as pezas con parafusos, anotamos os problemas que surden...

Dentro de pouco veremos se funciona e aprenderemos a manexalo. Que emoción!









No hay comentarios:

Publicar un comentario