miércoles, 28 de noviembre de 2018

XOGOS POPULARES


       O martes tivemos unha Xornada de Xogos Populares e Tradicionais no colexio.
     
       Formamos grupos con nenos e nenas de diferentes cursos e practicamos os xogos dos nosos avós e das nosas avoas. Que interesante!

       Xogamos á Mariola, ao sete e medio, ao tres en raia, aos castelos de carozos, á ra, ao pano, saltamos á corda ...

       Algúns dos maiores explicaron as normas dalgúns xogos e axudaron aos máis pequenos a saltar, a contar, a tirar as chapas ...

       Non só resultou unha xornada de convivencia entre o alumnado dos distintos grupos, senón tamén unha actividade lúdica que nos permitiu xogar do mesmo xeito que o facían os avós e as avoas.

     
Que ben o pasamos!






No hay comentarios:

Publicar un comentario