Mostrando entradas con la etiqueta Benvida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Benvida. Mostrar todas las entradas

jueves, 6 de octubre de 2022

BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR

     Preparados, listos e ... comeza a aventura!  Iniciamos unha nova  andaina  e desexamos que este curso poidamos estar xunt@s, compartir novas experiencias, traballar con novos proxectos, xogar no patio ...

    Xa lle demos a benvida a Kiko, que será o titor de 4º de primaria e despedimos con agarimosas apertas á profe Naty. 


    


Xa estamos list@s para empezar! 


Chegamos con ganas de traballar, xogar e sobretodo de estar xunt@s!


Biquiños Naty e  moita sorte!


Apertas de tod@s as nenas e os nenos de cuarto!






    

viernes, 24 de septiembre de 2021

BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR!

             Voltamos ao cole!!! 

            Con ilusión e moitas ganas de estar xunt@s!!!

                 


Aula 3º Primaria


Aula 4º Primaria

Imos compartir proxectos, inquedanzas, ilusións ... e moitas actividades!






martes, 22 de septiembre de 2020

Benvidos ao novo curso escolar!

       Despois duns meses confinados na casa e un verán un tanto atípico, chegou o momento de volver ao cole. Un regreso moi desexado e con ganas de compartir as nosas experiencias cos compañeir@s e cos profes.
      No entanto, a  situación actual fai que teñamos que adaptarnos a novas normas e cambiar moitos hábitos de convivencia. Xa non podemos realizar actividades interniveis e os grupos de aula son distantes e reducidos. A estes cambios temos que engadir os saúdos a distancia e non poder compartir a maioría dos materiais de aula. 
       Imos ser moi responsables! 


Benvid@s ao novo curso escolar!  Benvida, Criselda!

Entre tod@s  imos conseguilo!



       
        

lunes, 23 de septiembre de 2019

BENVIDOS AO NOVO CURSO!

   

      Un ano máis imos comezar unha nova andaina por este curso 2019/20 e esperamos que sexa interesante, agradable, satisfactoria ….. e que lle tiredes proveito.
   
       Tamén lle damos a benvida aos novos compañeiros que imos ter na aula e a todos os que chegaron por primeira vez ao centro.

Benvidos ao cole!



Espéranos un ano cheo de sorrisos!


Ánimo rapaces que vai ser doado!


domingo, 7 de octubre de 2018

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR!


     Imos comezar unha nova andaina na que temos moito por descubrir!
   
     Viviremos novas experiencias!  Traballaremos en equipo!

     E ... baixo o título "Descubrindo Mundo" iremos achegando vivencias e experiencias a ese día a día que nos fará medrar como persoas.


Ánimo! Temos moito por descubrir!


Xa estamos en 4º curso!


Xa estamos en 3º curso!