Mostrando entradas con la etiqueta curso 2026/27. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2026/27. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de noviembre de 2026

CHARLAS "CON MUCHO GUSTO"

     O alumnado de 3º e 4º de Primaria participaron na actividade “Con mucho gusto”, unhas charlas sobre educación sexual creada para ofrecer información clara, próxima e libre de prexuízos. A través dun enfoque aberto, respectuoso e participativo, o encontro buscou promover unha vivencia da sexualidade baseada no coñecemento, no coidado, no consentimento e no benestar emocional.

    Durante a sesión tratáronse temas como as relacións afectivas, a comunicación, a diversidade, os límites persoais, os mitos arredor da sexualidade e a importancia dunha educación sexual integral en todas as etapas da vida. 


As charlas foron moi interesantes!


martes, 10 de noviembre de 2026

EXPERIMENTOS MOI INTERESANTES

     Estivemos a experimentar con xeo seco, dióxido de carbono en estado sólido, e comprobamos como se pode inflar un globo sen ter que soprar!

    E para non perder o Norte construímos unha brúxula caseira na aula!

     Xa podemos viaxar e orientarnos!

  

            
            
Que interesante! Parece maxia!
 

viernes, 30 de octubre de 2026

O SAMAÍN

Uh Uh.. Son as 12 en Vincios

Uh Uh… Noite de terror (bis)

Chegan tiburóns, chegan os mosquitos

Chegan as pirañas, veñen moi xuntiños…

Xa non temos medo! 




Gústanos moitos vir con disfrace, visitar a exposición de cestas de outono e as cabazas decoradas!
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!
 



    

jueves, 29 de octubre de 2026

VISITA DA ESCOLA DE MÚSICA DE VINCIOS

     Este mércores gozamos coa actuación d@s alumn@s da Escola de Música de Vincios. Faláronnos dos diferentes instrumentos musicais e como soan.

    Participamos nunha coreografía conxunta! 



 Aplaudimos moito e pasámolo moi ben! Grazas por visitarnos!

martes, 27 de octubre de 2026

ACTIVIDADE C@S AFILLAD@S

     Librincios enviounos unha carta solicitando axuda xa que os ordenadores de bordo da nave estaban a fallar.

    Iremos c@s afillad@s a tratar de solucionar o problema. Seremos quen de descifrar un misterioso código?


   

Temos uns/unhas afillad@s que son verdadeiros tesouriños!


viernes, 23 de octubre de 2026

OBRADOIROS POLA IGUALDADE

 Este mércores traballamos en Obradoiros pola Igualdade. Baixo o lema: "Mulleres que cambiaron o mundo" achegámonos a Antonia Ferrín Moreiras, Ángeles Alvariño e María Tarsy consideradas como a primeira astrónoma galega,  unha gran oceanógrafa e unha investigadora dos chans de zonas húmidas e templadas de España respectivamente.

    Observamos imaxes de estrelas e constelacións e fixemos unha manualidade sobre cartolina.

    Realizamos pegadas de distintos animais con arxila e elaboramos bombas de sementes para que xerminen grazas a humidade dos distintos solos.

    E para rematar tivemos un momento aromático con arrecendo a ouriños  de raposo e ouriños de lobo!!!

    

  

Que interesante!!!


lunes, 19 de octubre de 2026

CROSS ESCOLAR

     O venres, día 16 de outubro, participamos nunha proba deportiva que xa vén sendo habitual aos inicios de curso. Trátase do Cross  de Sabarís, onde nenas e nenos de Primaria corremos por categorías de idade realizando distintos circuitos. Esforzámonos moito e démolo todo!




Só nos queda felicitar a Julia por clasificarse e subir ao podio!!!


jueves, 15 de octubre de 2026

MAGOSTO NO GALIÑEIRO

     Este ano puidemos festexar o magosto no Monte Galiñeiro. Tivemos que subir camiñando coma maiores que somos e resultou ser moi emocionante xa que tanto o alumnado de terceiro coma o alumnado de cuarto era a primeira vez que subiamos a pé.

    Despois dunha longa camiñada, e antes de merendar, fixemos cabanas, organizamos un posto de produtos do monte, preparamos unha mestura para facer tatuaxes, xogamos e tamén degustamos castañas asadas. Que ricas!!!


 


    

Voltamos ao cole! Vaia andaina!!!




viernes, 2 de octubre de 2026

BENVID@S AO NOVO CURSO 2026/27

     Preparad@s, list@s e comezamos unha nova andaina!!! Este curso será co Proxecto Artemis: Camiño á Lúa. Case nada, menudo reto!!!

   

 

 Grupo de 3º de Primaria

 Grupo de 4º de Primaria