lunes, 6 de noviembre de 2023

NA COCIÑA

     Estivemos a facer madalenas con masa de biscoito. Primeiro preparamos unha masa semellante á do biscoito. A seguir botamos a mestura en moldes de papel. Despois  cocemos no forno eses pequenos doces e por último decoramos cada madalena con lambonadas monstruosas.

    O máis importante de todo é que convidamos aos afillados e ás afilladas con este doce tan especial.