sábado, 7 de febrero de 2015

KILOS DE SOLIDARIEDADE

Hoxe recolléronnos os alimentos que estivemos recadando estes días para o Banco de alimentos de Gondomar. 
Os pequenos, axudados polos maiores, baixaron o recollido por cada aula e... mirade a cantidade de alimentos que xuntamos entre todos!
Moitas grazas as familias por colaborar tan xenerosamente nesta proposta, aportando máis alimentos dos que nun principio patrocinaron.
A nosa carreira pola Paz foi do máis solidaria :)


1 comentario: