viernes, 13 de febrero de 2015

HORTA NA CASA

No 2º ciclo, disfrazámonos de labregos e labregas neste Entrioda adicado á horta.

A verdade é que o pasamos moi ben facendo o disfraz que, por outra banda, foi moi sinxelo e orixinal. 

Unhas bolsas de papel do pan para as botas, unha bolsa de plástico azul para o peto e algún dos apeiros que se empregan nas tarefas diarias da horta: anciños, sachos, regadeiras, cestos...

Aquí vos deixamos un montaxe de vídeo coas fotos deste día tan especial.
Non temos vídeo da actuación... cousas do directo!

Non perdades detalle da letra da nosa canción!


1 comentario: