martes, 11 de febrero de 2014

VISITA A AGUA SANA

A primeira saída deste trimestre foi a Agua Sana. Encantounos!
Estas son as impresións dos alumnos.



Debuxo de Anais, 3º

A visita a Agua Sana foi xenial. Deixáronme coa boca aberta!
Primeiro, leváronnos a un rincón onde nos deron unha bata, un gorro e un tubo pequeniño. Tan pequeniño... e acaba sendo unha botella!
Logo, vimos como ese tubo se transformaba nunha botella de litro e medio de auga. O que facían era quentar o tubo e soprarlle aire para facelo máis grande.
Despois, leváronnos a unha sala onde enchían de auga as botellas.
Ao saír da sala, leváronnos ao almacén e deixáronnos corer ata o final e voltar.
Cando voltamos nos dixeron de onde viña a auga e nos deron unha botella e un boli.

Noa, 3º






Debuxo de Tania, 3º

O martes 11 de febreiro os alumnos de 3º e 4º fomos de excursión á fñabrica de auga Agua Sana.
Alí, ensináronnos moitas cousas e dixéronnos cantas botellas de auga fabrican nun día. Nove mil!
Na fábrica había moitas máquinas. As máquinas convertían os botes de plástico en botellas para meter a auga. Outra máquina encargábase de encher as botellas, e outra encargábase de poñer as pegatinas co nome nas botellas.
Na fábrica traballan tres persoas en cada quenda, que son as encargadas de que as máquinas funcionen ben.
A excursión gustoume moito e nunca a olvidarei.


Iker, 3º




Aquí vos deixamos o vídeo!





No hay comentarios:

Publicar un comentario