martes, 22 de septiembre de 2020

Benvidos ao novo curso escolar!

       Despois duns meses confinados na casa e un verán un tanto atípico, chegou o momento de volver ao cole. Un regreso moi desexado e con ganas de compartir as nosas experiencias cos compañeir@s e cos profes.
      No entanto, a  situación actual fai que teñamos que adaptarnos a novas normas e cambiar moitos hábitos de convivencia. Xa non podemos realizar actividades interniveis e os grupos de aula son distantes e reducidos. A estes cambios temos que engadir os saúdos a distancia e non poder compartir a maioría dos materiais de aula. 
       Imos ser moi responsables! 


Benvid@s ao novo curso escolar!  Benvida, Criselda!

Entre tod@s  imos conseguilo!



       
        

No hay comentarios: