Comezamos a semana cociñando e quixemos facer marmelada de kumquat. Este froito semella unhas laranxas diminutas, laranxas chinas, das que a pel é comestible. Teñen moita vitamina C xa que se trata dun cítrico como as laranxas, os limóns, os pomelos ... e son orixinarias da China.
Queremos compartir a receita con tod@s e as imaxes da tarefa. Ánimo, é moi doado!