viernes, 11 de octubre de 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA!

     Este venres a Biblioteca do Serra-Vincios abriu as portas ao novo curso escolar 2019/20.

     O evento estivo amenizado polos distintos grupos de alumnos, que interpretaron retallos de cancións de coñecidas películas que cativan os sentidos.
   
     Os alumnos de 3º e 4º de primaria  tarareamos as cancións  "Ay ho" de Brancaneves e " No fondo do mar" da Sereíña, respectivamente.

     Os nenos e as nenas de 2º curso interpretaron a sintonía de Librincios " Abre as portas".

     Tamén se presentou o Proxecto anual do centro,  este ano relacionado coa música, baixo o título  "Do, Re, Mi, bailamos porque sí".

     

Pensamos que vai ser interesante!

   

 
   

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario