Mostrando entradas con la etiqueta Excursión ao Museo de Pontevedra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Excursión ao Museo de Pontevedra. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de mayo de 2026

EXCURSIÓN: MUSEO DE PONTEVEDRA

     Este mércores visitamos o Museo de Pontevedra, a Deputación e a Illa das Esculturas.

    No Museo fixemos de detectives e fomos quen de averiguar quen se levou un valioso cadro cando xa non quedaba ninguén no edificio.

    Ao saír do Museo camiñamos polas rúas de Pontevedra ata chegar á Deputación e visitamos a Sala onde se reúnen @s deputad@s para tomar decisións importantes para tod@s.

    Ao rematar merendamos na Illa das Esculturas. Tivemos que apurar xa que o bus tiña que voltar!


 
 
Deputación de Pontevedra!