O día 23 de abril é considerado o "Día Internacional do Libro". Festexámolo compartindo lecturas entre nós e cos afillados e afilladas.
O día 23 de abril é considerado o "Día Internacional do Libro". Festexámolo compartindo lecturas entre nós e cos afillados e afilladas.
As nenas e os nenos do segundo ciclo desexámosvos unhas felices festas e un moi bo aninovo!
Esperamos que os Reis Magos traian moitos agasallos e que poidamos gozar uns días c@s amig@s e coa familia.
Seguindo coa tradición destas datas, no colexio, celebramos a entrada do Nadal co Festival de Panxoliñas e a visita do Apalpador.
Ao subir as aulas atopamos unha sorpresa: xogos de aula variados!!!
O día 20 de novembro celebramos o aniversario da Declaración dos Dereitos do Neno. Nas aulas de terceiro e cuarto de primaria buscamos imaxes significativas e realizamos un mural comparando as distintas situacións que están a vivir moitos nenos e nenas no mundo a día de hoxe.
Pensamos que é moi inxusto que haxa pobos que non teñen alimentos, medicamentos, auga, igualdade entre homes e mulleres, nenos e nenas...
Este martes, 18 de novembro, festexamos O Magosto no colexio. Por mor do tempo e moitas choivas nos días anteriores, tivemos que realizar a actividade no centro. Botamos de menos non poder subir ao Galiñeiro, non obstante, gozamos dunha xornada de convivencia.
O día 16 de outubro participamos non Cross Escolar en Sabarís. Esforzámonos moitísimo e competimos con escolares doutros centros do Val Miñor.
Unha das primeiras actividades que realizamos é a vendima. Nesta ocasión axudamos aos afillad@s a colocar os acios, vendimar, lavar os pés ... e como pradriños e madriñas lectores fomos responsables de levar a bo fin semellante tarefa!
Xa iniciamos unha nova andaina por este curso escolar con novidades, nov@s compañeir@s, unha aula máis no ciclo e moitas aventuras que nos quedan por percorrer.
Temos dúas aulas de cuarto de primaria e unha de terceiro. Contamos cunha profe nova no ciclo e estamos desexando realizar obradoiros e saídas tod@s xunt@s!