viernes, 29 de mayo de 2026

EXCURSIÓN: MUSEO DE PONTEVEDRA

     Este mércores visitamos o Museo de Pontevedra, a Deputación e a Illa das Esculturas.

    No Museo fixemos de detectives e fomos quen de averiguar quen se levou un valioso cadro cando xa non quedaba ninguén no edificio.

    Ao saír do Museo camiñamos polas rúas de Pontevedra ata chegar á Deputación e visitamos a Sala onde se reúnen @s deputad@s para tomar decisións importantes para tod@s.

    Ao rematar merendamos na Illa das Esculturas. Tivemos que apurar xa que o bus tiña que voltar!


 
 
Deputación de Pontevedra!