Este ano puidemos festexar o magosto no Monte Galiñeiro. Tivemos que subir camiñando coma maiores que somos e resultou ser moi emocionante xa que tanto o alumnado de terceiro coma o alumnado de cuarto era a primeira vez que subiamos a pé.
Despois dunha longa camiñada, e antes de merendar, fixemos cabanas, organizamos un posto de produtos do monte, preparamos unha mestura para facer tatuaxes, xogamos e tamén degustamos castañas asadas. Que ricas!!!