martes, 20 de marzo de 2018

MEL DE GALICIA

Hoxe asistimos a unha charla moi interesante sobre O mel de Galicia. Beatriz veu falarnos da importancia destes pequenos insectos para o medio ambiente e do proceso para a obtención do mel.


Tedes que saber que só as abellas son capaces de fabricar este doce alimento e que, dependendo das flores que liben, o sabor do mel é diferente.




Durante a sesión coñecimos as partes dunha colmea, os utensilios que emprega o apicultor para extraer o mel dela e os tipos de abellas que hai e a súa organización aí dentro.


A charla rematou coas nosas dúbidas, que non foron pouco (Canto nos gusta preguntar!) e cun pequeno agasallo para cada un: un tarriño de mel para probar!


Saímos encantados... e moito máis expertos neste tema!

No hay comentarios:

Publicar un comentario