lunes, 12 de junio de 2017

UN DÍA NA COCIÑA

Agora que estamos a piques de rematar o curso, e que o noso horto está no seu mellor momento, aproveitamos para baixar á cociña facer unha crema de verduras.

Algúns ingredientes, polo tanto, foron de colleita propia: os pementos verdes, a leituga, o brócoli e os porros. Aquí tedes a receita que elaboramos, por grupos, nós soíños. A verdade que quedou espectacular!

Pero non só fixemos o primeiro prato... tamén elaboramos un postre delicioso: xeado caseiro de distintos saboresÉ moi sinxelo de facer na casa, botádelle un vistazo á receita tamén!


Pasámolo en grande, practicamos conceptos matemáticos, traballamos en grupo e... puxémonos as botas!

Aquí tedes un vídeo con fotos desta xornada tan especial!



No hay comentarios:

Publicar un comentario