lunes, 18 de diciembre de 2017

AS NOSAS CABANAS

   
      Estas construcións, que agora están en desuso, servían dende fai moitos séculos para gardar as espigas de millo e outros cereais do ataque de roedores e da humidade.

       A cabana dos avós de Lucía ten uns 150 anos. Xa era dos tataravós! Este tesouriño da familia é de pedra, con tellado do país. Está decorada cunha cruz e un pináculo, elementos arquitectónicos que se sutúan nos vértices do tellado.

      Esta xoia de familia, igual que outras, é testemuña do pasado, das vidas e historias da xente que viviu noutro tempo.


      Convén conservar estes bens patrimoniais e culturais que forman parte da nosa historia.

Grazas familias polo traballo realizado! Unha aperta!


No hay comentarios:

Publicar un comentario