O mércores, 27 de setembro, tivemos unha xornada de vendima no Serra Vincios. Padriños e madriñas lectoras preparamos os espalleres dunha leira a carón do cole para que os afillad@s puideran gozar dun día de vendima.
Á primeira hora subimos á veiga para atar os acios nas viñas e deixar todo listo para que os afillad@s atopasen todo preparado.
Cando rematamos de atar os racimos baixamos a buscar aos afillad@s e subimos dispost@s a comenzar as tarefas da vendima e posterior pisado dos bagos.
Vendimamos as uvas e metémolas nos capachos. Separamos as brancas das tintas e levamos os tinóns ao cole para seguir coa tarefa.
E como temos uns afillados e unhas afilladas moi traballadores todo foi moi doado.
A leira onde vendimamos está a carón do cole e non só ten viñas senón tamén un castiñeiro con castañas e máis árbores. Temos que agradecerlle a Loli, a propietaria, que nos deixara realizar a xornada de vendima na súa veiga. Moitas grazas Loli! Estás invitada ao noso cole cando queiras!