Xa de volta no cole!!! Estar cos compis, compartir novas experiencias, xogar no patio, madrugar, realizar tarefas escolares ...
Este curso imos traballar arredor do Proxecto "Coidamos o planeta: redución de residuos". Trataremos de ser moi respectuos@s co medio ambiente, de reducir no consumo, de darlle unha segunda vida a algúns obxectos e de reciclar de xeito seguro.
Tamén realizaremos obradoiros no ciclo e imos traballar nun Proxecto sobre a auga, este tesouriño tan valioso que debemos coidar e protexer.
Aproveitamos para darlle a benvida aos compis novos de segundo!
3º Primaria. Ainhoa e Elías, benvidos ao Serra Vincios!
Benvidos ao novo curso 2023/24!