viernes, 6 de octubre de 2023

Excursión ao Galiñeiro

     O día 28 de setembro subimos ao Monte Galiñeiro para ver os mananciais de onde procede a auga que consumimos no cole e  nas vivendas de moitos veciños de Vincios. A información e todo o proceso dende a captación das augas subterráneas ata que chega aos nosos fogares estivo a cargo de Jose, directivo da Comunidade de Augas do Galiñeiro e traballador da Comunidade de Montes de Vincios. Tamén nos acompañou Basilio para axudarlle a levantar unha das tapas de formigón no lugar das captacións.

    Jose  revelounos moitos datos relacionados coa auga, as tubaxes, os rexistros, os depósitos ... e outros moi interesantes sobre os anfibios que viven no monte, o porco bravo, os mollóns nos lindes do monte e amosounos as raíces que entran nas tubaxes da auga. 

    Despois da camiñada e das explicacións tivemos un tempiño para merendar, ir ao depósito e voltar ao cole. Que información tan valiosa! 


Moitas grazas a Jose e a Basilio pola información e esforzo realizado!