domingo, 3 de junio de 2018

XOGOS POPULARES


       O venres participamos na  VIII Xornada de Xogos Populares do Val Miñor.
     
        As actividades realizáronse no Campo das Cercas en Gondomar. Participamos colexios de Baiona, Nigrán e Gondomar.

       Había vinte estacións de xogos: peóns, ras, mariolas,canicas, chaves, gomas, lombos de burro, petanca, carreira de sacos, zancos ... e por motivos climatolóxicos, chovía un pouco, comezamos a actividade un pouco máis tarde. Por este motivo non tivemos tempo suficiente para pasar por todas as estacións de xogos.  Que mágoa!

       No entanto, formáronse grupos con alumnos/as de distintos centros e puidemos compartir algunhas experiencias.

       Nós levamos a merenda e no descanso déronnos rosquillas "Cristaleiro" e unha botella de "Agua Sana".
                                                        Que ben o pasamos!


"Xornada de Xogos Populares"


No hay comentarios:

Publicar un comentario