lunes, 27 de noviembre de 2023

MAGOSTO NO GALIÑEIRO

     Un ano máis realizamos a festa das castañas no Monte Galiñeiro. O alumnado maior subimos camiñando. Fomos por  atallos e volvemos por camiños preto da estrada que nos leva ao merendeiro, pero como di o refrán:" Non hai atallo sen traballo!" E vaia se deu traballo pero ao final fomos quen de chegar para facer as cabañas, merendar, descansar e por suposto degustar as castaña asadas. Que ricas estaban!

"Magosto no Galiñeiro, novembro 2023"