lunes, 27 de noviembre de 2023

DÍA DA DISCAPACIDADE

     O día 3 de decembro celebramos o Día da Discapacidade, unha data para visibilizar o apoio a inclusión social das persoas que presentan algunha mingua nas súas aptitudes ou nas súas competencias.

    Na hora de ler, da man da profe Sabela, escoitamos un  conto sobre a maneira de comunicarse os animais e de como se pode manter unha conexión ou comunicación sen necesidade de empregar tod@s as mesmas canles.