domingo, 10 de diciembre de 2017

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O domingo, día 3 de decembro, celebrouse un día moi especial: O Día Internacional das persoas con Doscapacidade.

Os alumnos e alumnas do colexio Juan María de Nigrán convidáronnos a participar nunha actividade moi interesante. Deixaron no centro un paraugas verde e pedíronnos que o encheramos con desexos. O lema "Baixo o mesmo paraugas" serviunos de referencia. 

Decoramos as letras da palabra "RESPECTO", cada curso realizou a súa, e sobre unhas impresións con mans, feitas polos  máis pequenos, rematamos o decorado. Que bonito! 

Con esta obra de arte participamos no acto representativo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
     
"Baixo o mesmo...

...paraugas"

No hay comentarios:

Publicar un comentario