domingo, 24 de septiembre de 2017

DOCE DE MARMELO

Esta semana elaboramos un exquisito doce de marmelo.
Os marmelos son froitas moi aromáticas que se parecen un pouco ás mazás. Non obstante, teñen unha pelusa na súa pel e son máis duros. As sementes non se empregan para cociñar este valioso produto. Tamén engadimos un limón e azucre.

Con esta receita comezamos unha andaina polas saborosas froitas do outono.

No hay comentarios:

Publicar un comentario