miércoles, 20 de septiembre de 2017

COMEZAMOS 3º!

O verán rematou e toca voltar ao cole... En 3º, que maiores!


Unha nova aula, unha nova profe e unha nova aventura para escribir... unha nova historia!

Este ano imos traballar moito, pero tentaremos pasalo ben mentres aprendemos. Contarémosvos as nosas andainas diarias entre tarefas, saídas, proxectos, cociña, horto... Temos tanto que facer!


Por se aínda non o sabedes, este curso faremos Un paseo pola Historia xunto con todos os compañeiros e profes do cole. Seguro que o pasamos en grande descubrindo segredos do pasado!

Benvidos a 3º!



No hay comentarios:

Publicar un comentario