sábado, 16 de septiembre de 2017

COMPOTA DE MAZÁ

Acabamos de comezar e xa temos as mans na masa!
Hoxe fomos á cociña para elaborar unha deliciosa compota de mazá coa froita recollida nas árbores do cole. Que sorte temos!
Collendo as mazás da árbore... Coidado que caen!
Que boa pinta!



A tarefa era un pouquiño difícil, pero saiunos moi ben!
Primeiro, tiñamos que ver un vídeo no que se explicaba paso a paso a receita (o tedes quí á dereita por se queredes facela na casa).

Todos atentos ao vídeo, para non perder detalle...

 Logo, buscamos os utensilios e os ingredientes necesarios para a súa elaboración e puxémonos mans á compota. Lavar, pelar, cortar, mesturar... e ao lume!








Cando tiñamos a compota no lume e todo ben limpo (porque os mellores cociñeiros sempre deixan a cociña reluciente), sentámonos a escribir a receita con todos os datos necesarios nun texto instructivo: título, ingredientes, utensilios, pasos e debuxo.


Cando a probamos... estaba deliciosa! Anímadesvos?


No hay comentarios:

Publicar un comentario