Todos os grupos contan con espazos onde plantar. Nós, as nenas e os nenos de 3º de Primaria, plantamos un carballo, unha oliveira e unha palmeira. Imos ver que pasa ao plantar árbores en ocos tan pequenos. Tamén espichamos uns escallos de tomiño, e outros de fiúncho, a ver se prenden. Sen esquecermos as plantas ornamentais con flores de diversas cores. Grazas familias polas achegas!
Lembrade que hai xardíns botánicos, verticais, minimalistas e ... o noso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario