viernes, 7 de marzo de 2014

ESTAMPANDO DELANTAIS

Que bonitos quedaron!

Fixádevos ben! Con dúas mazás e tres cores de pintura para tea fixemos uns delantais preciosos.

É moi sinxelo:

1º- Cortar as mazás.

2º- Preparar as pinturas (axitar) e os pinceis (un para cada cor).

3º- Decidir onde vai o estampado, as cores que queremos empregar (unha, dúas ou tres) e o número de mazás a estampar.

4º- Pintar a mazá da cor elixida, poñela sobre o delantal, presionar e despegar.

5º- Repetir as veces desexadas.

6º- Deixar secar un día e, despois, planchar.

Agora xa tes un delantal orixinal e moi chulo!


Se poñedes o rato enriba das fotos aparecerá unha lupa para ver mellor os detalles

2 comentarios: