Mostrando entradas con la etiqueta Magosto no Galiñeiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto no Galiñeiro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de noviembre de 2024

O MAGOSTO

     Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto ... Que boas as castañas no Monte Galiñeiro!

E non só foron as castañas senón a andaina dende o cole ao Merendeiro e a construción das cabañas!

Merendamos xuntos e xogamos en grupos. Estivemos con todo o alumnado do colexio e pasámolo moi ben.

Picar na imaxe para visualizar o vídeo!
A subida non deu medo e a baixada foi máis doada!

Que ben senta a merenda no monte!



 

lunes, 27 de noviembre de 2023

MAGOSTO NO GALIÑEIRO

     Un ano máis realizamos a festa das castañas no Monte Galiñeiro. O alumnado maior subimos camiñando. Fomos por  atallos e volvemos por camiños preto da estrada que nos leva ao merendeiro, pero como di o refrán:" Non hai atallo sen traballo!" E vaia se deu traballo pero ao final fomos quen de chegar para facer as cabañas, merendar, descansar e por suposto degustar as castaña asadas. Que ricas estaban!

"Magosto no Galiñeiro, novembro 2023"


    

miércoles, 14 de octubre de 2020

Magosto na Serra do Galiñeiro

       Día de Magosto no monte e experiencia moi satisfactoria para as nenas e os nenos  que este ano, por vez primeira, subiron ao Galiñeiro camiñando. 

       O tempo permitiunos amosar a nosa creatividade e construímos "cabañas" con paus para gardar as mochilas. Cubrímoslas con fentos e pequenas pólas de piñeiros e carballos. Quedaron espectaculares!

       Este ano tivemos que xogar separados e os grupos de clase estaban en parcelas diferentes, pero uns ao lado dos outros. 

      Despois da dura andaina, merenda na panasqueira, construción de pequenas chozas con paus e degustación das castañas asadas chegou o momento de recoller e volver  ao cole.

      Que rápido pasou a mañán!  Que boas estaban as castañas!


No bosque d@s nen@s!


Empezando a tarefa!


Na nosa parcela!


Orgullos@s da nosa construción!