viernes, 29 de mayo de 2026

A CIENCIA QUE VÉN TEN NOME DE MULLER

     A expo-feira da Universidade de Vigo " A ciencia que vén ten nome de muller", unha iniciativa que reúne a máis de 300 escolares de centros de Baiona, Gondomar e Nigrán, arredor de experimentos, xogos e talleres pensados para acercar a ciencia á sociedade dende unha perspectiva participativa e inclusiva.

    O alumnado de 4º de primaria participamos na actividade e parécenos moi interesante seguir a traballar de xeito participativo, inclusivo e en ingualdade.


    

Alumnado do Serra-Vincios na expo-feira da Universidade de Vigo en Baiona!

EXCURSIÓN: MUSEO DE PONTEVEDRA

     Este mércores visitamos o Museo de Pontevedra, a Deputación e a Illa das Esculturas.

    No Museo fixemos de detectives e fomos quen de averiguar quen se levou un valioso cadro cando xa non quedaba ninguén no edificio.

    Ao saír do Museo camiñamos polas rúas de Pontevedra ata chegar á Deputación e visitamos a Sala onde se reúnen @s deputad@s para tomar decisións importantes para tod@s.

    Ao rematar merendamos na Illa das Esculturas. Tivemos que apurar xa que o bus tiña que voltar!


 
 
Deputación de Pontevedra!

lunes, 25 de mayo de 2026

XORNADA DE XOGOS POPULARES VAL MIÑOR

     Hoxe, no campo das Cercas de Gondomar, o alumnado de cuarto curso dos centro do Val Miñor teñen unha xuntaza moi importante. Será unha xornada de xogos populares: buxainas, zancos, lombas, carreira de sacos ...

    Temos que agradecer a "Agua Sana" e o obrador "TUPANA" que doaron auga e rosquillas respectivamente.

  

Xogos Populares Val Miñor. Premer na imaxe para visualizar!


domingo, 17 de mayo de 2026

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

     Con motivo da celebración das Día das Letras Galegas 2026, esta mañá o noso alumnado participou con ilusión nun gran espectáculo para homenaxear a lingua e a cultura galegas. A través do teatro, a música e da expresión artística, quixeron render tributo a esta data tan especial e a nosa homenaxeada Begoña Caamaño Rascado, e compartir coas familias o traballo realizado.

    A seguir, podedes ver os vídeos das distintas actuacións, reflexo do esforzo, da creatividade e do entusiasmo dos nosos nenos e nenas nesta celebración.

Premer na imaxe para visualizar o evento!


viernes, 15 de mayo de 2026

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

     O día 23 de abril é considerado o "Día Internacional do Libro".  Festexámolo compartindo lecturas entre nós e cos afillados e afilladas.

    


Premer na imaxe para visualizar!