miércoles, 14 de octubre de 2020

Magosto na Serra do Galiñeiro

       Día de Magosto no monte e experiencia moi satisfactoria para as nenas e os nenos  que este ano, por vez primeira, subiron ao Galiñeiro camiñando. 

       O tempo permitiunos amosar a nosa creatividade e construímos "cabañas" con paus para gardar as mochilas. Cubrímoslas con fentos e pequenas pólas de piñeiros e carballos. Quedaron espectaculares!

       Este ano tivemos que xogar separados e os grupos de clase estaban en parcelas diferentes, pero uns ao lado dos outros. 

      Despois da dura andaina, merenda na panasqueira, construción de pequenas chozas con paus e degustación das castañas asadas chegou o momento de recoller e volver  ao cole.

      Que rápido pasou a mañán!  Que boas estaban as castañas!


No bosque d@s nen@s!


Empezando a tarefa!


Na nosa parcela!


Orgullos@s da nosa construción!





No hay comentarios: