martes, 25 de marzo de 2025

XESTIÓN DO MONTE CON GANDO EN EXTENSIVO

     O mércores, día 19 de marzo, Jose Taboada deunos unha charla sobre os animais que están no monte  e amosounos unha montaxe sobre "As razas autótonas como xeradoras de espazos resistentes ao lume".

    Explicounos a necesidade de manter o monte limpo e tratar de facelo de xeito natural con gando autóctono na Serra do Galiñeiro. Díxonos que nestes momentos hai vacas de raza cachena e cabras da terra.

    O curioso é que o pastoreo será virtual e estamos invitados a subir ao monte para ver os animais. Tamén temos que poñer o nome a un macho de cabra de cinco anos e a unha toura de raza cachena.


   


A xestión feita no monte parécenos moi importante. Só nos queda dar as grazas a Jose por o seu traballo e pola invitación a visitar as zonas dedicadas ao pastoreo.