Xa iniciamos as tarefas no horto. Plantamos varios tipos de hortalizas no invernadoiro: pementos, tomates, leitugas, kale, brócoli ... arrincamos as malas herbas nos bancais do interior e algunhas no exterior. Tamén imos plantar aromáticas e ornamentais. Despois de preparar o terreo plantamos as hortalizas, regamos e recollemos as ferramentas de traballo.
Pouquiño a pouco creamos o noso horto!