O mércores, día 2 de abril, subimos ao monte para ver as vacas cachenas e as cabras autóctonas. Estes animais están controlados por pastores virtuais en zonas delimitadas e teñen como finalidade manter o monte limpo de maleza, conservar as especies autóctonas galegas, amosarnos as súas características ...
A visita realizada foi para complementar ás actividades realizadas no cole a través da Comunidade de Montes.
Tamén tivemos a oportunidade de poñer nome a unha cachena e ao macho caprino, vaca Lola e Ron, respectivamente.
Temos que agradecer o tempo e dedicación de Jose, que nos fixo unha excelente presentación do proxecto no centro e unha visita guiada moi interesante.