Mostrando entradas con la etiqueta Niño de velutinas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Niño de velutinas. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de octubre de 2021

Un niño de velutinas

     Hoxe, dous traballadores da Comunidade de Montes do Galiñeiro, Jose e Basilio, trouxeron ao cole un niño de velutinas.

    Estas avespas son orixinarias do sudeste asiático e  alimentan  as súas  larvas de insectos   ( abellas, bolboretas, formigas, pulgóns ...). Este tipo de alimentación orixina ataques contra as abellas e resultados moi negativos para os apilcultores que ven perigar as súas colmeas.

    As velutinas teñen o tórax e o abdome de cor negra, agás o cuarto segmento que é de cor amarela. As patas son marróns e os extremos son de cor amarela.

    O niño das avésporas é impresionante, moi grande e con moitas celas onde se atopan as larvas. Está construído con febras de madeira mastigada. Esta construción é de forma ovalada e estaba enganchada nunha póla dun piñeiro. Algunhas vespas aínda estaban vivas, pero xa non podían voar, levaban moitos días sen comer e o niño xa se estaba a descompoñer. Así e todo poidemos ver o nacemento dunha velutina.

    


"Niño de velutinas"
Picar no niño para visualizar as imaxes!




"Larvas de avespas asiáticas"
Pica na imaxe para visualizar o nacemento dunha velutina!