Hoxe, dous traballadores da Comunidade de Montes do Galiñeiro, Jose e Basilio, trouxeron ao cole un niño de velutinas.
Estas avespas son orixinarias do sudeste asiático e alimentan as súas larvas de insectos ( abellas, bolboretas, formigas, pulgóns ...). Este tipo de alimentación orixina ataques contra as abellas e resultados moi negativos para os apilcultores que ven perigar as súas colmeas.
As velutinas teñen o tórax e o abdome de cor negra, agás o cuarto segmento que é de cor amarela. As patas son marróns e os extremos son de cor amarela.
O niño das avésporas é impresionante, moi grande e con moitas celas onde se atopan as larvas. Está construído con febras de madeira mastigada. Esta construción é de forma ovalada e estaba enganchada nunha póla dun piñeiro. Algunhas vespas aínda estaban vivas, pero xa non podían voar, levaban moitos días sen comer e o niño xa se estaba a descompoñer. Así e todo poidemos ver o nacemento dunha velutina.