Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos na Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos na Biblioteca. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de enero de 2022

"Yo voy conmigo" e "Yo soy"

       " Yo voy conmigo" e "Yo soy" son dous fermosos contos enlazados que nos relatan a vida chea de dúbidas dos protagonistas, un rapaz chamado Martín e unha rapaza namorada.

      A súa autora, Raquel Díaz Reguera, amósanos cos  seus relatos, a tolerancia, o respecto polas diferenzas e o aceptarnos tal e  como somos.

     

Grazas Carmen por agasallarnos con estes relatos!

Que contos máis fermosos!


viernes, 3 de diciembre de 2021

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

     Esta semana asistimos a unha sesión de Contacontos na Biblioteca. María elixiu un conto moi fermoso  que fala dos valores e da importancia de aceptarse uns aos outros. O título do relato, Dorothy: Unha amiga diferente, está dedicado ás persoas que con valentía se enfrontan aos prexuízos sociais e botan unha man a aqueles que son considerados "diferentes".

Moitas grazas María!


Que conto tan lindo!