Esta semana asistimos a unha sesión de Contacontos na Biblioteca. María elixiu un conto moi fermoso que fala dos valores e da importancia de aceptarse uns aos outros. O título do relato, Dorothy: Unha amiga diferente, está dedicado ás persoas que con valentía se enfrontan aos prexuízos sociais e botan unha man a aqueles que son considerados "diferentes".
Moitas grazas María!
Que conto tan lindo!