viernes, 1 de diciembre de 2023

DÍA DA MUSICA

     Hoxe festexamos o Día da Música no cole. Xa sabemos que a celebración é o día 22 de novembro, día de Santa Cecilia, a patroa dos músicos!

    A profe Elena organizou o evento e moitos voluntarios subiron ao escenario para cantar, tocar e amenizar a xuntanza que tivemos e na que tan ben o pasamos.

    A música foi moi variada e tod@s os participantes nos agasallaron cuns momentos moi agradables e agarimosos. Moitas grazas a todos e a todas! Unha aperta moi grande para Elena!



   

Feliz Día da Música!